DiEM25 desvela o seu “New Deal Europeo: Unha Axenda Económica para a Recuperación Europea”

O Libro Branco de DiEM25 titulado “New Deal Europeo: Unha axenda económica para a Recuperación Europea” será presentado o 25 de marzo de 2017 en Roma, no marco do 60º aniversario do Tratado de Roma. A versión completa deste Libro Branco publicarase antes do evento para preparar as deliberacións que terán lugar en Roma

A idea de Europa está en retroceso e a Unión Europea atópase nun estado avanzado de desintegración.

Co Brexit xa se produciu a caída dun gran piar da Unión Europea. Outros poderían seguilo, se non no ciclo electoral deste ano, quizáis sexa no do seguinte.

“Non importa canto custe, recuperamos o noso país!” Esta é a orgullosa mensaxe dos partidarios do Brexit. Tamén é unha aspiración coa que nos comezamos a atopar por toda Europa, mesmo entre esquerdistas que defenden un regreso ao Estado-nación.

Entón, é Europa unha causa perdida? Pode salvarse? Debera salvarse?

DiEM25 cre que si, que nós, a xente de Europa, debemos recuperar os nosos países. De feito, necesitamos recuperar as nosas rexións. Precisamos recuperar as nosas vilas e cidades. Pero para recuperar os nosos países, as nosas rexións e as nosas cidades, precisamos recuperar o propósito común entre os pobos soberanos. E, para conseguilo, necesitamos un proxecto europeo internacionalista, común e transnacional. Precisamos un New Deal europeo.

Isto é o que delinea o documento. Aquí pode descargarse un resumo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s