De que ten medo, señor Draghi?

No ano 2015, o Banco Central Europeo (BCE) forzou o peche dos bancos gregos, como parte do intento dos prestamistas oficiais da Troika (BCE, Comisión Europea e Fondo Monetario Internacional) de evitar que o novo goberno grego cumprise co prometido aos seus votantes: renegociar a débeda pública e a política fiscal do país, así como poñer en marcha una axenda de reformas.

Tras o peche dos bancos gregos, impuxéronse uns controis de capital en Grecia que seguen vixentes, con amplos custes sociais e económicos para unha economía que xa tiña problemas.

Sabemos que o BCE emitiu una opinión sobre a legalidade deses actos. Queremos ler esa opinión. Pero o BCE négase a facela pública.

Señor Draghi, se vostede actuou de acordo coa legalidade da UE e cos estatutos do BCE, por que non fai pública a opinión legal emitida por vostede sobre aquelas decisións do BCE que provocaron o peche dos bancos gregos?

Preguntámolo porque o BCE ten un poder desmesurado para pechar os bancos de calquera país da Eurozona. Facer uso dese poder tomando unha decisión a porta pechada e por funcionarios nunca elixidos é incoherente coa democracia europea. O mínimo que poden pedir os europeos é o acceso ás opinión legais polas que pagaron no referente ao exercicio do enorme poder do BCE. Señor Draghi, a súa negativa a conceder á cidadanía o acceso a estas opinións legais enfurece aos europeos e é un regalo magnífico para as forzas da Internacional Nacionalista, contraria á Unión Europea.

A democracia e a transparencia non son luxos. Son esenciais para a supervivencia de Europa. Por isto, unha ampla alianza de políticos e académicos anunciaron que apoiarán unha petición masiva de liberdade de información do BCE, presentado por Yanis Varoufakis (DiEM25) e Fabio De Masi (eurodeputado da Esquerda Unitaria Europea), esixindo que o organismo faga pública a opinión legal. Chamamos a todos os demócratas, onde queira que estean e sen importar cales sexan as ideas do seu partido, a apoiar estpetición de liberdade de información asinando a solicitude de DiEM25.

Esta campaña é só o primeiro paso dunha larga loita pola transparencia e a democracia en Europa.

Artigo de Yanis VaroufakisBenoît Hamon publicado orixinalmente en eldiario.es

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s