Esta fin de semana conmemórase o 60º aniversario da Unión Europea e os líderes de todos os países da UE estarán en Roma ese día para celebralo. O seu obxectivo? Preservar o statu quo.
Nós, o Movemento Democracia en Europa 2025, temos outro punto de vista. Queremos dar á xente de Europa unha alternativa real ao establishment e á emerxente “internacional nacionalista”; un sendeiro progresista para salvar a Europa de si mesma.
Por esta razón, esta fin de semana aterraremos en Roma para poñer esta alternativa en marcha, durante tres días de eventos e anuncios importantes. Convidámoste a que formes parte!
-
- Sábado 25 de marzo tomaremos as rúas de Roma xunto a outros grupos progresistas, como parte da Marcha por unha Europa Diferente que coorganizamos.
-
- Cando conclúa a marcha, manteremos unha Asamblea Aberta cos nosos membros e activistas, para reagruparnos antes do noso evento principal.
-
- Na tarde do sábado 25 de marzo, organizaremos “A Hora da Coraxe”, un encontro das mentes progresistas máis brillantes de Europa, como o cofundador de Podemos Juan Carlos Monedero e o galardoado cineasta (e Asesor de DiEM25) Ken Loach, nun teatro con mil asentos. Aquí presentaremos o noso New Deal Europeo, un conxunto de propostas económicas ambiciosas para salvar a Europa de si mesma e transformala, e que se someterá ao voto dos nosos membros.
-
- Domingo 26 de marzo participaremos nun evento cultural pioneiro no museo de arte contemporáneo MAXXI de Roma, xunto a algunhas das voces máis interesantes da política e a arte. Aquí presentaremos DiEM Voice, unha plataforma artística que servirá como parte integral do futuro do noso movemento. Tamén proxectaremos a película galardoada coa Palma de Ouro e o BAFTA de Ken Loach, “Eu, Daniel Blake”, que ataca a brutal austeridade que empurra a millóns de europeos/as á desesperanza.