De arriba a abaixo, e de abaixo a arriba: propostas para prantarlle cara aos ultranacionalismos

Este é o segundo dunha serie de tres artigos nos que abordamos a complexidade desta deriva da nosa sociedade. Traducido da súa versión orixinal en castelán publicada na web diem25.org.

Primeiro artigo: Un lobo con pel de año

Terceiro artigo: Unha nova Europa está ao noso alcance: fagámola realidade!


Bernie Sanders, referíndose ao avance global do autoritarismo, os fascismos e os ultranacionalismos,  advertíao fai tan só unhas semanas: incluso na súa diversidade, estes movementos teñen en común a súa intolerancia para coas minorías étnicas e relixiosas, e a súa obsesión con que cada país debe mirar exclusivamente polos seus propios intereses económicos, nun xogo de suma cero.

Yanis Varoufakis, membro cofundador de DiEM25, sinalou recentemente xunto con Sanders a necesidade de crear unha Internacional Progresista que mobilice a progresistas de todo o mundo en torno aos ideais de prosperidade, seguridade e dignidade. Para Varoufakis, o primeiro paso sería impulsar un New Deal internacional, “un Novo Bretton Woods progresista”, dende un Consello Internacional Progresista creado para ese fin.

“A nosa xeración será lembrada pola marcha triunfal dunha Internacional Nacionalista que emerxiu das cloacas do capitalismo financeiro. Que a nosa xeración sexa ademáis lembrada por ter dado luz a unha mobilización que desafiou a esta ameaza depende da vontade dos progresistas nos Estados Unidos, na Unión Europea, no Reino Unido e en países como México, a India ou Sudáfrica de forxar unha Internacional Progresista”.

A súas palabras resoaron rápidamente en países coma o Brasil, onde o exministro de Lula e Rousseff, Celso Amorim, xa fixo un chamamento a sumar forzas en devandita Internacional Progresista. En España tamén escoitamos a líderes e deputados de forzas como Equo, En Marea, Compromís, Iniciativa per Catalunya-Verds e Catalunya en Comú facerse eco do chamamento de Varoufakis e Sanders.

Pero os chamamentos á unión, á solidariedade transnacional, á tolerancia fronte aos ultranacionalismos, os autoritarismo e os fascismos non veñen só de arriba, tamén a cidadanía se autoorganiza para prantarlles cara.

O próximo sábado, 13 de outubro, decenas de cidades en Europa verán mobilizacións cidadás case simultáneas no seu seo, berrando ao unísono por unha sociedade solidaria, e non dividida nin enfrontada, unha sociedade europea que non separe, nin discrimine, nin busque chivos expiatorios nin expulse. DiEM25 estará tamén alí. Búscanos! Únete!

Artigo de Virginia López, coordinadora de Relacións Externas do Colectivo Coordinador Provisional Estatal de DiEM25 España e membro do Colectivo Coordinador de DiEM25.

 

2 Replies to “De arriba a abaixo, e de abaixo a arriba: propostas para prantarlle cara aos ultranacionalismos”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s