Un lobo con pel de año

Este é o primeiro dunha serie de tres artigos nos que abordamos a complexidade desta deriva da nosa sociedade. Traducido da súa versión orixinal en castelán publicada na web diem25.org.

Segundo artigo: De arriba a abaixo, e de abaixo a arriba: propostas para prantarlle cara aos ultranacionalismos

Terceiro artigo: Unha nova Europa está ao noso alcance: fagámola realidade!


O fascismo é algo que sempre nos parece moi vello, lonxano no tempo. Todos cremos coñecer os seus efectos, detecta-los seus síntomas, entender a súa orixe. É o tipo de situación que unha sociedade avanzada, consciente de sí mesma, endexamáis se pensaría capaz de repetir.

Os que levamos ben tempo sinalando os obvios sinais do rexurdimento do patrioterismo máis reseso, da xenofobia interiorizada nas sociedades occidentais, da aporofobia máis vergoñenta, do sexismo e discriminación máis sanguentos, fomos chamados esaxerados e alarmistas.

Mais o certo é que a historia nos conta que sempre existe alguén disposto a volver xogar con lume.

Certo que non imos ver de repente a ninguén esixindo erguer campos de exterminio, nin querendo anexionar países, nin marcar aos diferentes con estrelas, nin queimando locais xudeus (ou de inmigrantes, homosexuais, comunistas…)

Pero si é certo que existen sinais unívocos de que a treboada está a xestarse. Son pequenos detalles, que de xeito individual poden parecer até lóxicos e aceptables, pero que sumándose os uns sobre os outros, acaban por apodrecer as redes que nos unen.

A verdade é que, máis unha vez, Europa está a ser arrastrada ao abismo da división e a confrontación. A retórica anti-inmigración é só o máis recente exemplo de como as forzas fascistas se fan fortes. A intolerancia esténdese. O odio é cada vez máis forte, a violencia máis cotiá. O desprezo cara o outro, cara ao estranxeiro, é alentado e transformado nun argumento aceptado. Chámase por caudillos que reconduzan unha sociedade decadente. A corrupción é desenfreada, socavando os piares máis básicos do estado. A democracia é erosionada. Os dereitos humanos convértense nunha sombra do pasado. Os logros sociais e dereitos conseguidos con gran esforzo están ameazados. A liberdade e a paz xa non son valores que se dan por feito. Mulleres, inmigrantes, homosexuais, negros, poñen en perigo a sociedade.

Como puido ocorrer? De seguro haberá algún culpable. Pero, certamente, todos e cada un de nós sómolo en maior ou menor medida. Para que as forzas que buscan destruír a nosa sociedade aberta triunfen, só é necesario que os demais non fagamos nada.

O fascismo é o último estadio do capitalismo en descomposición. Dalgún xeito, é o fillo bastardo, o descendente non desexado da indecente desigualdade que cada vez é máis obvia. Uns tanto, outros tan pouco. Debemos corrixir a inxusta distribución da riqueza, si, mais non destruíndo ao diferente, senón rachando coas estruturas que favorecen o expolio da riqueza a mans duns poucos.

É tempo de erguerse e poñer freo a este sensentido antes que sexa tarde de mais. E, por se te estás a preguntar, os últimos resultados electorais e inquéritos, dende Suecia ao Brasil, mostran de xeito cru que ningún país do mundo está libre de culpa.

En Madrid levamos sufrindo por moito tempo, con fascistas elixidos como concelleiros nos arredores da capital, ataques de grupos organizados nas rúas ou okupas fascistas que ofrecen refuxio e comida “só para españois”.

Están a organizarse movementos e plataformas das que facemos parte, como a Unión contra o fascismo e o racismo en Madrid e Henares. O noso apoio sen fisuras, porque sabemos que só imos superar esta crise todos xuntos.

O vindeiro sábado, 13 de outubro, ducias de cidades de toda Europa verán movilizacións cidadás simultáneas no seu seo, a berrar ao tempo por unha sociedade solidaria, e non dividida nin enfrontada, unha sociedade europea que non separe, nin discrimine nin busque culpábles nin os expulse. DiEM25 estará tamén aló. Búscanos! Únete!

Artigo de Estevo Sánchez, galego afincado en Madrid e coordinador de Operacións e Eventos do Colectivo Coordinador Provisional Estatal de DiEM25 España.

2 Replies to “Un lobo con pel de año”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s