A Coordinadora de DiEM25 Galicia acaba de convocar as eleccións internas na que se escollerán as persoas que coordinarán a acción do DSC de agora en diante. Estas eleccións terán lugar o vindeiro martes 8 de xaneiro de 2019 ás 21h nunha Asamblea online que reunirá a todas as persoas membro de DiEM25 en Galicia.
CALENDARIO:
O calendario electoral establecido para este proceso democrático é o seguinte:
3.01.2019 ás 12.00h – Peche do censo electoral.
3.01.2019 ás 12.00h – Apertura do prazo de presentación de candidaturas. Para elo, enviarase un correo electrónico a diem25.galicia@gmail.com, aportando: nome e apelidos, teléfono, enderezo electrónico, lugar de residencia e declaración expresa.
7.01.2019 ás 23.59h – Peche do prazo de presentación de candidaturas e proclamación de listaxe provisional de persoas candidatas
7.01.2019 ás 23.59h – Apertura do prazo de reclamacións. Para elo, enviarase un correo electrónico a diem25.galicia@gmail.com, aportando: erro a subsanar.
8.01.2019 ás 20.00h – Peche do prazo de reclamacións
8.01.2019 ás 21.00h – Proclamación de listaxe definitiva de persoas candidatas.
8.01.2019 ás 21.00h – ELECCIÓNS Á COORDINADORA DE DiEM25 GALICIA 2019
REQUISITOS:
Elector/a:
Para ter dereito a voto é requisito estar inscrito/a na Área de Membros de DiEM25 e ser membro do DSC Galicia1 antes da data de peche do censo electoral. Nas vindeiras horas recibirás un correo electrónico confirmando os teus datos.
Candidato/a:
Para ser candidato/a á Coordinadora é requisito estar inscrito/a na Área de Membros de DiEM25 e ser membro do DSC Galicia1 antes da data de peche do censo electoral e, ademais, formalizar correctamente a candidatura.
Como establecen os Principios Organizativos de DiEM25 no seu artigo 5, este órgano é paritario e composto por dúas persoas membros do DSC, escollidas por todas as persoas membros de dito DSC.
LISTAXE DEFINITIVA DE CANDIDATOS/AS (8 xaneiro 2019 21:00h)
- García González, Francisco José (Mao)
Marina Gutiérrez e Xaime Martínez, actuais coordinadores, consideran que os retos que plantexa o 2019 esixen unha dirección renovada, con novos folgos e novas ilusións.
PROCLAMACIÓN DO COORDINADOR
O candidato Francisco José García González (Mao) foi escollido Coordinador do DSC Galicia1 por unanimidade.
Esta páxina irase actualizando con toda a información relativa a este proceso electoral.