O DSC Galicia1 acaba de rematar a reunión online na que foi elixido por unanimidade Mao García, residente en Ares (A Coruña), como Coordinador do DSC.
O novo coordinador asume o cargo “con ilusión e ganas” de traballar pola democracia e o progreso en Galicia e Europa, ao considerar a DiEM25 como un proxecto interesante e importante para o continente nestes tempos tan convulsos. Entre os seus retos atópanse o ensanchamento da base social, seguir traballando sobre a realidade específica de Galicia e en difundir a Axenda Progresista de DiEM25.
Marina Gutiérrez e Xaime Martínez, que dimitiron como Coordinadores do DSC nesta mesmo reunión, consideran importante o relevo de cargos nunha organización democrática e que a partir de agora se abra unha nova etapa no colectivo galego, a fin de seguir axudando á expansión do proxecto democratizador de DiEM25 e do programa progresista de Primavera Europea.
Este DiEM25 Galicia xa conta con 3 anos de historia, sendo dos máis antigos da organización e dos primeiros do Estado español, e sempre estivo apegado á realidade social de Galicia, apoiando as diversas causas que buscan a mellora das condicións de vida da sociedade galega, así como un país máis democrático, libre e xusto.