Este sábado 16 de marzo terá lugar no Matadoiro de Santiago de Compostela o Encontro DiEM25 Galicia. Esta é unha oportunidade para seguir afondando na convicencia entre os diemers do noroeste e debater sobre o futuro de Europa e da Unión Europea.
Así pois, durante o evento está previsto discutir os diferentes aspectos que propón o programa Green New Deal co que Primavera Europea, a lista transnacional liderada por Yanis Varoufakis, concurrirá ás Eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o vindeiro 26 de maio. Este programa busca transformar o vello continente dende un punto de vista social e medio ambiental, centrándose nas persoas, a fin de proporcionarlle un futuro próspero. Con propostas para mellorar a economía, a creación de emprego, o reforzo dos servizos públicos, así como abordar a democratización da UE cunha proposta de Constitución para Europa, buscamos aumentar a calidade de vida de toda a cidadanía europea. E un compromiso ambicioso, pero estamos decididas e decididos, con ilusión, a levalo a cabo.
Ademáis de tratar o programa Green New Deal, as actividades do sábado complétanse como segue:
11.00-11.30 – Recepción de asistentes
11.30-14.00 – Presentación e debate de propostas para o programa de Primavera Europea
14.00-16.00 – Xantar e convivencia.
16.00-17.45 – Estrutura e organización de DiEM25: extensión da organización en Galicia
18.00-19.00 – Mesa redonda: “DIEM25 ante a Unión Europea”.
Este encontro está aberto a toda persoa progresista que queira coñecernos e saber das nosas actividades, polo que te esperamos este sábado 16 no Matadoiro, sito na Praza do Matadoiro en Santiago de Compostela. Esperámoste!
Ademáis, pedímosche que difundas entre a familia e as amizades, partillando o evento en Facebook e o Formulario de Inscrición ao Encontro.
Porén, se por algunha razón non puideras asistir a este Encontro, DiEM25 España está organizando outros por toda a xeografía peninsular. Nas vindeiras semanas terán lugar en:
- 23/03: Bilbo e València
- 30/03: Barcelona
- 6/04: O Encontro Estatal en Madrid
Presta atención ás nosas RRSS!