Venres negros

O artigo 20 da Constitución española de 1978 determina que as cidadás temos dereito a “comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión”. Este é un dos dereitos fundamentais nunha democracia avanzada pois, para que unha persoa poida exercer os seus dereitos e obrigas como cidadá, por exemplo, votar nas eleccións, esta debe coñecer a realidade que a rodea.

En Europa, é tradicional que os principais medios de comunicación de masas (a radio e a televisión) sexan de titularidade estatal. Estes monopolios públicos fóronse rompendo coa paulatina creación dos grandes medios de comunicación privados nos 80 e 90. Nembargantes, as empresas públicas de radiodifusión todavía conservan grande poder de influencia nas sociedades.

En España, trala Transición democrática e o proceso de descentralización autonómico, créanse as primeiras corporacións públicas de radio e televisión autonómicos: Euskadi (ETB) e Catalunya (TV3) crean as súas en 1982 e 1983, respectivamente, e Galicia fai o propio en 1984. O resto de comunidades seguen o seu exemplo en anos posteriores.

Estas corporacións públicas lideran un importante sector audiovisual nas súas respectivas comunidades, creando espazos de comunicación propios. Ademáis, adoitan ser líderes de audiencia (incluso por riba de televisións estatais) nas respectivas comunidades. É o caso da catalá TV3 ou a galega TVG, cuxos informativos son líderes indiscutibles cada día. Con todo, o principal obxectivo dos tres medios antes citados é de índole cultural: normalizar as linguas propias de cada país. E, polo xeral, cumpren con ese cometido.

Pero, ao contrario do que cabería esperar dunha empresa pública, a miúdo estes medios de comunicación son acusados de estar sometidos a excesivo control gubernamental, como en moitos outros países, e de non cumprir co artigo 20 da Constitución, como é o caso da nosa Televisión de Galicia (TVG)

Dende a instauración do Parlamento galego en 1981, o poder político do país é controlado, salvo breves lapsos de tempo, pola dereita españolista representada polo Partido Popular que, para perpetuarse no poder emprega recursos caciquís, entre eles, o control da radiotelevisión pública.

Este control acentuouse até niveis vergoñentos dende que Alberto Núñez Feijóo gañou as eleccións galegas de 2009. Tal é a gravidade da situación que, fartas de manipular as informacións a favor do Partido Popular e contra a oposición, fartas de terxiversar a realidade galega, fartas de ocultar información de interese para a sociedade galega (chegando a informar tarde da vaga de incendios de outubro do 2017, cando xa non se podía ocultar máis), fartas das represalias por negarse a estas prácticas ou por denuncialas (como o expediente aberto contra a xornalista Tati Moyano), as traballadoras e traballadores da CRTVG mobilízanse dende fai 17 semana contra dito control gubernamental.

Chámanos “Venres Negros” nos que cada venres realizan unha importante campaña nas RRSS vestindo roupa negra e mostrando, con nomes e apelidos, o seu rexeitamento a seguir empregando a radiotelevisión pública de xeito partidista. Loitan por realizar o seu traballo libremente, sen presións, sen inxerencias políticas. Loitan por unha radio e unha televisión públicas independentes e plurais, de calidade e próximas á sociedade galega. Loitan porque se cumpra a lei de 2011 que regula a TVG e se aproben o “Estatuto profesional” e o “Consello de informativos” que garantan a independencia editorial. Loitan, en definitiva, por uns medios de comunicación dignos, de todas e non duns poucos.

En DiEM25 Galicia estamos firmemente comprometidos coa democracia en Galicia e en toda Europa e cremos que unha radiotelevisión pública independente, plural e de calidade axuda a afortalar e ensanchar a democracia e a crear unha cidadanía libre, informada, crítica e empoderada. Por iso as activistas do DSC Galicia1 acudimos o pasado sábado á manifestación “Pola dignidade dos medios públicos” que tivo lugar en Compostela. E, por suposto, un venres máis seguimos apoiando os “Venres Negros”

Artigo de Xaime Martínez, coordinador do DSC Galicia1.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: