Unha nova Europa está ao noso alcance: fagámola realidade!

Este é o terceiro dunha serie de tres artigos nos que abordamos a complexidade desta deriva da nosa sociedade. Traducido da súa versión orixinal en castelán publicada na web diem25.org.

Primeiro artigo: Un lobo con pel de año

Segundo artigo: De arriba a abaixo, e de abaixo a arriba: propostas para prantarlle cara aos ultranacionalismos


Ante o avance das forzas do odio, a cidadanía europea sae ás rúas. Non con espírito conflitivo nin en actitude defensiva. Senón cunha visión común para unha nova Europa que solucione as crises actuais e evite repetir os erros do pasado.

Na nosa vida cotiá, no mundo profesional, no activismo, nas nosas loitas, a sociedade europea xa superou moitas das vellas fronteiras e prexuízos que nos separaban, e onde antaño había diferentes identidades e concepcións do mundo, hoxe dicimos con convición, dende todo o continente: “Somos Europa”.

En DiEM25 abandeiramos esta concepción paneuropea da nosa sociedade, e organizámonos desafiando estas fronteiras nun proxecto amplo e de maiorías que faga desaparecer estas divisións, para facer realidade unha visión progresista, humanista, universalista e igualitaria de prosperidade compartida.

Para lograr esta nova Europa plenamente soberana e democrática, dende DiEM25 propoñemos unha folla de ruta clara e definida que involucre á cidadanía do continente nun proceso constituínte do que xurdirá un novo Estado europeo, sendo o seu piar central unha Asemblea Constituínte Europea, impulsada pola cidadanía, e formada por cidadáns e cidadás, organizacións civís e representantes dos diferentes niveis gubernamentais, para redactar e facer efectiva unha Constitución para esta nova Europa.

O camiño por diante é longo e ilusionante. Cada vez que nos unimos como europeos e europeas, facemos que esta visión dunha Europa democrática e para a maioría estea máis preto.

O próximo sábado, 13 de outubro, decenas de cidades en Europa verán mobilizacións cidadás simultáneas no seu seo, berrando ao unísono por unha sociedade solidaria, e non dividida nin enfrontada, unha sociedade europea que non separe, nin discrimine, nin busque chivos expiatorios nin expulse, DiEM25 estará tamén alí. Búscanos! Únete!

Artigo de Marc J. Almagro, coordinador de Políticas do Colectivo Coordinador Provisional Estatal de DiEM25 España.

Advertisement

2 Replies to “Unha nova Europa está ao noso alcance: fagámola realidade!”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: